Club de Lectura virtual La dama del alba

Neste final de curso atópico, fíxose unha dobre sesión de comentario desta obra de teatro de Alejandro Casona, que o alumnado de 3º ESO leu durante o período de confinamento.

O 11 e o 17 de xuño, a través do chat de hangouts, debullamos os aspectos máis interesantes desta historia, que gustou moito á rapazada que a leu. As súas personaxes, especialmente a Peregrina, fixéronse un oco nas nosas referencias literarias. 

A intriga que se mantén ao longo dos catro actos desta peza, o concepto de honra, a presenza do amor e da morte, e o final aberto foron as cuestións que máis deron que falar. 

Montaxe cunha selección das intervencións da primeira sesión de comentario. ETS

Por certo, a parte final transcorre na noite de San Xoán...


Comentarios