Recuperando espazo

Xa ía tocando que foran elas as que ocupasen os corredores.
Aquí queda un pequeno recordatorio dalgunhas actividades que se desenvolveron este ano dentro do proxecta Donas de Si, de visibilización das mulleres.
Como a ubicación de maioría delas foi no hall de entrada, e unha delas fíxose a rente de comezar o curso e outra ficou suspendida no tempo de confinamento, pódese dicir que elas abriron e pecharon o centro este curso académico.


Exposición Día das Escritoras e proposta 'Dálles nome', en outubro de 2019



Baralla de científicas, material didáctico en inglés

Visita guiada dun grupo de 2º ESO ao 'Dálles nome'

En relación coa obra de África López Souto, As mulleres que (nos) dan que pensar

Tendal de mulleres galegas destacadas en distintos ámbitos

Comentarios