AS PELIS DE BIBLIO


Tomania está baixo unha férrea ditadura. O ditador culpa ós xudeus de todos os males do país e promete arranxalos cunha política de conquistas. Cando inicia a guerra vai ser confundido polos seus propios gardas cun barbeiro xudeu, e mentres o tirano é internado nun campo de concentración o barbeiro xudeu ocupa o seu posto.

Chaplin fai unha xenial crítica do nazismo cargada de humor (nun asunto que pouco ten de gracioso) e o tempo de crítca e emoción, como é habitual neste excepcional cineasta. Una auténtica obra mestra, das de verdade. 

Comentarios