Para que les?

Leo para evadirme por un tempo da realidade (que ás veces é moi necesario e relaxante) e mergullarme noutros mundos imaxinarios. Tenme levado a reflexións interesantes sobre distintos aspectos da vida e do mundo. Sempre se aprende algo. Así pois a min, ó tempo que me serve de distracción, axúdame a formarme humanamente e culturalmente e, grazas á lectura, coñecín escritores e obras moi interesantes.


Proposta de lectura
Os dous de sempre de Castelao :
Esta é a única novela que ten Castelao e considero que paga a pena lela porque, como dicía antes, este é un exemplo de libro que nos invita á reflexión debido ó afán de superación e espíritu de loita dun dos protagonistas contra todas as adversidades que, desde o seu nacemento, se lle presentan na vida; frente ó outro protagonista que, tendo todo ó seu favor, fracasa.

Penso que é unha desas obras clásicas que están de total actualidade.

Comentarios