PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

viernes, 16 de abril de 2010

Para que les?

Leo para ter mil vidas diferentes, para viaxar sen moverme do sitio, para ser eu, para ser outros, para coñecerme e coñecerte, leo para durmir, leo para despertar, leo para soñar

Vale. Tamén leo para saber cal é a parada na que me teño que baixar do bus, canto tempo ten que cocer a pasta para que no se pase, para entender a receita do médico (isto non sempre o consigo), para saber o prezo da camiseta que vou mercar, para lograr conectar a maldita tele nova, para navegar por internet, para saber se os meus alumnos saben ou entenden o que eu pretendo que saiban ou entendan, (xa sabes, os exames e iso)… Tamén porque un libro ocupa pouco no peto e hai moitos tempos mortos e mellor que papar moscas. Incluso algunha vez lin para ligar (non che vou contar o resultado). En fin que é útil ademais de entretido.

Pero coidado!!, ler tamén pode facer chorar, sufrir e incluso (non sei si decilo) PENSAR!!!! Non te fies, ler pode ser perigoso.

Se tivera que recomendar un señor libro, de peso, deses que marcaron algún momento da túa vida apostaría por La saga/fuga de JB, de Gonzalo Torrente Ballester

Agora que está de moda a novela negra é bo momento para coñecer todo un clásico americano. Calquera das novelas de Raymond Chandler. Tes xuntas todas as  protagonizadas polo detective Philip Marlowe. Raimond Chandler, Todo Marlowe, RBA editores . (Vaia tipo Marlowe, as mulleres soñan con el e os homes soñan ser el). Postos a non cruzar o charco case podemos quedarnos na casa. Nese caso A praia dos afogados de Domingo Vilar é unha moi boa elección.


Se prefires o cómic e segues en clave negra pois Blaksad con guión de Juan Díaz Canales, debuxo de Juanjo Guarnido non está nada nada mal. Un debuxo magnífico, un detective duroe unha historia con moita miga

No hay comentarios:

Publicar un comentario