Encontro Rosaliano do equipo KPACES

 

Encontro Rosaliano do equipo KPACES.





O equipo da biblio do Poeta Díaz Castro, saíu hoxe ao encontró coa veciñanza na biblioteca “Casa Habanera” en Guitiriz. O alumnado de 3º ESO B e alumnado de música de 4º ESO saíu cunha chea  de propostas para traballar xuntos.


Iniciamos o encontró cun Obradoiro de ilustración que presentamos co traballo de alumnado de 1º ESO, sobre o proxecto anual do centro deste curso: "Identidade”; convidamos a todos a participar na creación do “Caderno Nós”, un álbum ilustrado que recolle a esencia do que somos e do que nos importa, traballando con acuarelas naturais que dan cor as palabras claves da nosa identidade.



Seguidamente o alumnado de música que traballa música e poesía para dinamizar recursos desde a aula SI biblio aportando sempre temas musicais , recursos poéticos, narrativa ou teatro a toda a veciñanza Hoxe interpretaron poemas de Luisa Villalta, “ Torre” e  a estrea de hoxe “ Estación”. Os veciños animáronse a cantar con nós e disfrutaron da música composta para estes poemas, pola nosa profesora Sandra Tenreiro.


Finalmente disfrutamos da tecnoloxía que nos ofreceu Ana Pérez,  na biblioteca “Casa Habanera”, pudendo disfrutar dunha visita virtual coas gafas de realidade virtual a casa de Rosalía de Castro.

Seguiremos traballando para realizar novos encontros. Desde a Biblio do Poeta Díaz Castro; “ Fancendo Biblioteca!!.

Comentarios