A identidade a través das emocións.


 Emocións coas que me identifico.

Este trimestre na biblio, seguimos traballando en relación a " Identidade" ( proxecto de centro). A través da ilustración traballamos as emocións guiados polo mapa gráfico de Eduard Punset, Rafael Bisquerra e Palaugea. O equipo KPACES que sairá nos próximos días a falar de todo isto coa veciñanza, experimenta na creación do caderno desta comunidade.


Axudados por outras lecturas complementarias que aclaran dúbidas e axudan a entender as emocións que vivimos día a día, a facernos conscientes delas e dos efectos positivos ou negativos que causan na nosa rutina.


 Nesta imaxe quedan recollidos outros recursos utilizados, para a segunda parte deste "Caderno Nós, ilustrando identidade".

As cores e materiais para ilustrar tamén forman parte dos nosos, xardíns, da nosa cociña, polo que na biblio houbo un cheiriño a canela, cúrcuma e mesmo café.

Aquí queda recollida a imaxe ao rematar unha das sesións









Comentarios