Negro para compartir

 Onte tivo lugar o encontro da sección do Clube de Lectura de adultas co autor de Negro, unha das obras que andamos lendo. Isto permitiunos comentar con P.P. Regueiro esta novela curta, e falar de distintas cuestións relacionadas coa escrita e a edición de textos narrativos. 


Pospuxemos o comentario de As vida secreta das vacas, de Rosemund Young e as achegas poéticas a partir de a noiva e o navío de Susana S. Arins. Quedarán para despois de Nadal, sumándose ás novas lecturas: Cartas a Lucilio, de Séneca e A desaparición de Esme Lennox, de Maggie O'Farrell.

E, mentres, a rapazada está achegándose aos heroes clásicos dende un formato de lectura novidoso: Nivelando con los dioses. A ver a onde nos segue levando este fío heroico...

Comentarios