Lugo por partida dobre

A temática mitolóxica que abordamos recreada en formatos narrativos diversos, sumou dúas saídas ao que estaba previsto. Por unha parte, a exposición "Literatura e videoxogos" no MIHL non podía pasársenos. E aló fomos, asumindo unha visita guiada por nós mesm@s (baixo a dirección de Jairo, que repartiu os roles correspondentes).

Xuntanza de organización da saída ao MIHL

Dúas paradas explicativas da visita

Por outra, o departamento de Latín e Grego convidou ao alumnado do club de lectura a asistir á representación da Medea de Eurípides no auditorio Gustavo Freire, e de paso, 'caeu' a visita ao Museo da Romanización e a outras localizacións lucenses que recordan a orixe da cidade. Debémoslle unha a Susana, profe de clásicas!


 Andamos recrutando xuris para os microrrelatos. Animádevos!!

Comentarios