O SONO DA GRAVACIÓN SONORA

O ALUMNADO DE MÚSICA DO IES POETA DÍAZ CASTRO DE GUITIRIZ, FINALIZA A SÚA EXPOSICIÓN " O SOÑO DA GRAVACIÓN SONORA" COA PRESENCIA DO MÚSICO GERMÁN DÍAZ.

O alumnado de música do instituto de Guitiriz, coordinados pola súa profesora Sandra Tenreiro Doldán, pecha a súa exposición " O SOÑO DA GRAVACIÓN SONORA", coa presenza do músico, compositor e especialista en tradición Germán Díaz.
Esta exposición é resultado dun traballo de investigación realizado na aula de música, para dar a coñecer ao resto de compañeiros do centro, os instrumentos que conseguiron reproducir e gravar son por primeira vez na historia; órganos hidráulicos, carrillones de igrexa, caixas de música, rodillos de papel o cilindros de estaño e cera. Unha longa viaxe ata os discos de pizarra e vinilo que os alumnos puideron escoitar estes días na biblioteca do centro.
Germán Díaz, amablemente aceptou o noso convite para unirse ao noso proxecto, aportando neste encontro os seus grandes coñecementos de instrumentos históricos de gravación e reprodución de son. Puidemos escoitar instrumentos medievais de manivela como a zanfona que sempre o acompaña e que fixo soar ante os presentes con gran virtuosismo. Tamén outros moitos instrumentos de manivela dos anos vinte e trinta, coma a rolmónica cromática e o órgano de barbaria entre moitos outros que Germán presentou.
Para finalizar este magnífico encontro, terminamos cun "Taller de Gravación ou perforación de cartóns", no que o alumnado de música coordinado por Germán Díaz, imprimiron en cartón, as notas dunha melodía que posteriormente, como por arte de maxia, soaron nunha caixa de música diatónica.

Comentarios