O Trasno dos libros. Misterios no día do libro


 O Trasno dos Libros na biblioteca.

Na semana do 18 ao 22 de abril o alumnado de 1º da ESO participou, durante a materia de Lingua Galega nunha actividade coordinada pola nosa compañeira Alba María, membro do equipo da biblioteca, nun xogo de pistas para conmemorar o Día Do Libro.

Este contaba a historia do trasno dos libros, que inspirara e axudara ás persoas que acudían á biblioteca a crear composicións marabillosas e a interesarse por escoitar e ler toda clase de historias. Mais un virus literario asolagou o espazo, de xeito que todas as obras comezaron a desaparecer. Para salvalas, o trasno sacrificou a súa maxia e devolveulle á vida á biblioteca, mais o seu corpo desapareceu para sempre.




Contan as persoas máis vellas do instituto que o trasno deixou a alma esparexida por distintos fragmentos de libros por toda a biblioteca. Só os máis afoutos alumnos e alumnas conseguirán descifrar todas as pistas que os levarán a elas e dese xeito revivir a alma daquel trasno dos libros para devolver o interese e a inspiración literaria a toda a comunidade educativa.
 

Durante o xogo aventurámonos nos tres grandes xéneros da literatura (narrativa, poesía e teatro), obtivemos información sobre a posición dos distintos andeis e espazos da biblioteca e coñecemos, agochadas nos lugares máis insospeitados, obras de grandes autoras e autores da literatura galega:
Marica Campo, Manuel María, Ana Romaní, Castelao, Antía Otero... Finalmente, conseguimos revivir en nós o trasno dos libros e achegarnos á maxia que habita a nosa biblioteca.

Esta semana, ademais, comezamos co obradoiro Tes un conto... (desde as materias de música, valores e outros dep. colaboradores;  unha actividade creativa en cooperación coa Biblio do noso Concello, xa vos iremos contando!!! 



 
 os nosos contacontos. Rubén na prumeira lectura





 
 

 

Comentarios