Planeta Lector. Hora de Ler




PLANETA LECTOR

Quen nos ía dicir que comenzaríamos o curso invadidos de forma prematura por seres dun calmado
comportamento que asolagan os espazos lectores, recunchos que mudan encantadores ante a súa
presenza. 

Eses seres misteriosos que algúns chaman, "adolescentes", desprenden unha luz enfeitizada.
Parece que respiran o aire que sae ao pasar as páxinas cheas de historias, viaxes e
encontros. Non cabe dúbida, estamos ante o renacemento do PLANETA LECTOR, 

Benvidos á Hora de Ler, no Poeta Díaz Castro.

O movemento lector estase a espallar con rápidez estas semanas, algúns falan outras linguas e

 descubrimos lecturas novidosas👈👈👈 con eles.



Outros seres mesmo escreben, debaten e empatizan a través de lecturas grupais;


Cada vez son mais, xa non hai volta atrás...









 




Comentarios