PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 28 de enero de 2015

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO: BOABDIL, O ÚLTIMO REI DE GRANADA
AUTOR: JORGA DE BARNOLA
EDITORIAL ROMPECABEZA, COLECCIÓN SABELOTODOS

Boabdil o anano, non era ningún anano, aínda que tivera ese nome, foi o último rei de Granada, polas malas influencias que recibiu por parte paterna e materna. O seu corazón foi de Moraima e, aínda que esta fora a súa muller e se quixeran, nunca puido vivir en paz con ela. Por outro lado os Reis Católicos ansiosos de conquistar Granada, o último territorio musulmán da península, fixéronlle firmar un pacto de paz pero por culpa de seu pai e das súas impertinencias, xa que abandonou a súa muller por una cristiá, a Boabdil quitáronlle os seus dous fillos. Desde o nacemento do protagonista os astrólogos lle atribuían desgrazas e así foi, deixou Granada en mans cristiás, na súa familia, a guerra era a protagonista e ademais quedouse viúvo e presenciou a morte dun dos seus fillos.
Esta é a historia de David contra Goliat pero esta vez con un fatal destino ….

Esta historia é moi interesante e recoméndoa a todas as persoas en xeral, pero sobre todo, as que lles guste a historia tanto como a min. Apréndense moitas cousas da historia de Al-Andalus e da vida desta civilización, xa sei de onde ven a frase ``llora como mujer lo que no supiste defender como hombre´´ ,díxollo súa nai, que cruel, se o pobre Boabdil so seguía as súas indicacións.....

Irea Calvo 2º ESO A

viernes, 23 de enero de 2015

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO:DIVERGENTE
EDITORIAL: MOLINO

Este libro é o primeiro dunha saga formada por Divergente, Insurgente e Leal. Está ambientado nun futuro, despois dunha gran guerra, onde a sociedade funciona dividida en 5 faccións: Abnegación, Verdade, Cordialidade, Erudición e Ousadía. A protagonista é Tris, unha adolescente de 16 anos que provén da facción de Abnegación. Todos os rapaces aos 16 anos teñen que facer unha proba e despois elixir a que facción corresponden ou da que queren formar parte. Cando Tris fai a proba, os seus resultados son inconclusos, ela é diverxente: ten máis dunha cualidade e polo tanto non corresponde a unha facción concreta. Ela elixe Ousadía como facción, xa que era unha das que máis lle chamaban a atención porque sempre estaban rindo e con moita liberdade, algo que en Abnegación non era posible. O libro nárranos como ela se adapta e entrena para a “gran proba” e alí coñece xente, como “Cuatro”, que se convertirá nalgo máis que un instructor, e a todos os seus amigos. Pero non todo vai segundo a programación, a xefa de Erudición está tramando algo para enfrontarse aos de Abnegación (os líderes actuais), pero Tris e Cuatro non descansarán ata frustrar os seus plans.

Lucía Campos 2º ESO B

martes, 20 de enero de 2015

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO: OS MAGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA
AUTOR: ANXO FARIÑAS
EDITORIAL: XERAIS

Hola a todos!!
Este é un pequeno comentario sobre o libro "Os Megatoxos e a espadaEsmeralda". Trata sobre un grupo de rapaces que foron deborados por un super toxo que é máxico que lles deu super poderes ós nenos. Cren que para salvarse teñen que viaxar a outro planeta e recuperar a espada para salvarse. Van pasando unha serie de probas ata atopar a espada. Finalmente prodúcese unha loita pola espada entre os megatoxos e un rapaz chamado Ezbel e mais a súa irmá, acabando toda esta liorta coa desaparición da espada, e os rapaces volven ao seu lugar. No colexio atopan unha sorpresa: Os irmáns cos que loitaran antes estaban nese momento na súa clase.

Encantoume porque e super aventureiro-fantástico e moi entretido. Espero que finalmente dea lido o seguinte libro porque me ten super intrigada.
P.D: Este libro non sei moi ben se está na biblio, pero en todo caso a min prestoumo María Miragalla, polo que, como ten varios exemplares, supoño que non terá problema ningún en emprestárbolo.


UN SAÚDO! NOEMÍ    

lunes, 19 de enero de 2015

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO: CRUZADA EN JEANS
AUTOR: THEA BECKMAN
EDITORIAL: SM
Este libro trata sobre un neno chamado Rudolf que vivía en Amsterdan. Rudolf cunha máquina do tempo foi a Idade Media. Pero só ía ter unha oportunidade de volver a súa época, e non o deu conseguido así que quedou na Idade Media e rescatou duns ladróns a outro neno que ía de viaxe que se chamaba Leonardo e entón fixéronse amigos. Logo pasaron por alí uns nenos que eran os cruzados e uníronse a eles. Os cruzados ían a Xerusalén para sacar aos sarracenos de alí. Como morrían moitos nenos Rudolf preguntoulle a María, unha nena da cruzada, quen mandaba alí e díxolle que era Nicolás e dous frailes ,Augustus e Anselmus. Rudolf díxolles que se tiñan que organizar e desde aquela morreron menos nenos. Despois foron pasando moitas aventuras pero eu só vou contar as que máis me gustaron. En Rottweil Rudolf conseguiu moedas da época e comprou pan para todos os nenos. Noutra cidade un conde secuestrou a moitos nenos e para salvalos fixéronse pasar por axudantes do demo. Logo os cruzados dirixíanse a Xénova e a Rudolf paareceulle extraño porque estaba moi lonxe de Xerusalén. Cando chegaron Augustus contoulle a Rudolf que os ían levar en naves para vendelos e que el non quería iso. Despois conseguiron que iso non pasara e algúns nenos volveron para as súas casas e outros quedaron en Xénova, o resto seguiron co viaxe a Xerusalén pero moitos xa quedaron polo camiño. Cerca da igrexa de san Nicolás encontraron unha caixa de aluminio e déronlla a Rudolf, era unha carta para volver ao futuro. O Bispo de Brindisi deulles unhas naves para ir a Venecia e Rudolf volveu para o futuro. A min este libro gustoume porque ten moitas aventuras, tamén ten suspense e explica cousas da Idade Media dunha forma interesante.

MONICA FIGUEIRAS 2º A

jueves, 15 de enero de 2015

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO: ANOTHER (アナザー,Anazā)
AUTOR: Ayatsuji Yukito


No ano 1972 un estudante exemplar,estudoso e bo nos deportes chamado Misaki, da clase 3-3 do instituto Yomiyama do Norte, morreu inesperadamente nun incendio. Ao ser tan querido nesa clase,despois da traxedia os alumnos e o profesor deciden seguir actuando coma se el non estivese morto.Pero,cando tomaron a fotografía de fin de curso notaron algo estraño: MISAKI APARECÍA NA IMAXE...
Esta serie de manga de catro volumes (Periods, neste caso este é o 1st Period) trata sobre o que aconteceu uns anos despois, en 1998, na clase 3-3. Kōichi terá que investigar que aconteceu no pasado, por que tratan á súa compañeira Mei coma se non existise e,o máis importante,POR QUE COMEZA A MORRER XENTE CRUELMENTE ENLAZADA COA CLASE 3-3...
Este manga é bastante especial para min porque foi o primeiro que lin (por Internet). Lembro que estiven mentalizándome moito tempo antes de comezar, polo meu carácter asustadizo... Pero, cando o terror desta historia se fai o teu amigo en vez do teu inimigo, non podes parar de lela.

ANTÍA SÁNCHEZ VÁZQUEZ,2º ESO B.

lunes, 12 de enero de 2015

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO: Ivanhoe
AUTOR: Walter Scott
EDITORIAL: Anaya
COLECCIÓN: Clásicos a medida

A novela narra os amores dun cabaleiro da corte de Ricardo Corazón de León, Wilfred de Ivanhoe (fillo de Cedric o Saxón) cunha dama saxona, lady Rowena, descendente do rey Alfredo o Grande, no marco do final da Terceira Cruzada, en 1192.
Pero non só relata este amorío, senón que fala da historia de Inglaterra, da difícil convivencia entre saxóns e normandos nun momento moi cercano á Invasión de Inglaterra por este pobo francés. No libro acercámonos á corte do príncipe Juan sin Tierra e os pactos que facía con outros nobres para arrebatarlle o trono ao seu irmán Ricardo Corazón de León. Tamén se adentra nos bosques onde fala de Robin Hood e introdúcese na poderosa Orde dos Templarios. A min as personaxes que máis me gustaron foron Ricardo Corazón de León e Robin Hood, pola súa valentía, bondade e as súas habilidades coa espada e o arco respectivamente.

Eu recomendaría este libro xa que aprendes moitos coñecementos sobre a época, pero tamén penso que se non tes unha lixeira idea de como era a sociedade daqueles tempos en Inglaterra que te podes perder. Tamén a obra é algo confusa xa que aparecen moitísimos personaxes con nomes moi complicados, e eu por exemplo tiña que volver atrás para enterarme de quen era a personaxe. Pero polo demais gustoume bastante e creo que é un clásico que todos deberiamos ler para saber como eran outras épocas.

Lucia Campos 2º ESO B