PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 31 de marzo de 2016

MORREU IMRE KERTÉSZ




Morreu Imre Kertész,  premio nobel de Literatura e un dos últimos supervivientes de Auschwitz. O alumnado de 1º de BAC do curso pasado achegouse a súa obra.




 Teremos que repetir

miércoles, 30 de marzo de 2016

JULIO VERNE

O pasado xoves 17 de marzo, o profesor da Facultade de Xeografía, Miguel Pazos Otón, impartíu unha conferencia titulada “Xulio Verne e a Ciencia”, a que asistiu o alumnado de 4º de ESO, 1º BAC, FP básica e o de Literatura Universal de 2º BAC.

Comezou o percorrido polas súas obras máis coñecidas, iniciado cunha breve introducción histórico-política e a contextualización do momento da Ciencia na súa época. Centrándose na obra distinguiu dúas partes: as novelas de viaxes extraordinarias e as novelas utópicas-filosóficas.

Analizou polo miudo a presencia da ciencia e a boa documentación que Verne utilizaba para construir os seus relatos, entre os que destacou: “Cinco semanas en globo”, “Aventuras de tres rusos e tres ingleses”, (medición do arco de meridiano), “20.000 leguas de viaxe submarina”, (a tecnoloxía presente no submarino e a importancia da mar como símbolo de liberdade), “A volta ao mundo en 80 días” (as consecuencias que nas longas viaxes teñen os últimos acontecementos como a inauguración do Canal de Suez). Da segunda época destacou, entre outras, a novela “Os 500 millóns de Begún”. O alumnado participou de forma moi activa ao remate da conferencia realizando preguntas sobre aspectos da obra e do momento histórico no que vivíu o autor.


Por certo, tedes unha boa selección das obras de Julio Verne na BIBLIOTECA

lunes, 14 de marzo de 2016

MOITA POESÍA, MOITA DIVERSION



O pasado 8 de marzo estiveron connosco  María Lado e Lucía Aldao co seu espectáculo “Moita poesía e pouca diversión”. Gustou, moito,  moito. Ademais incluso apreciamos como dende a escola  podemos contribuír a formar poetas, si si, podedes velo  no segundo vídeo.

Pero se os números crean vocacións literarias non hai problema pois xa temos sintagmas, morfemas, anáforas e  os mil usos do “se” para afogalas. Vale, vale e para asegurarnos que os alumnos miren cara adiante, ao futuro, nada como unha clase de historia. SEN ÁNIMO DE OFENDER

viernes, 4 de marzo de 2016

CONCERTO EN COMPOSTELA

IV CENTENARIO SHAKESPEARE Y CERVANTES.

O martes pola noite por fin colgaban na páxina do Auditorio de Galicia o programa do concerto ao que íamos asistir o Xoves 25 de Febreiro. Como bos alumnos de música investigabamos a contratempo acerca dos compositores que anteriormente non traballaramos en clase e o xoves, chegar coas notas claras nas nosas cabezas

Coñeceramos o "Romeo e Julieta" de Prokofiev interpretado por grandes orquestras internacionais, mais estabamos expectantes por ver como só uns músicos da banda municipal de Santiago dirixidos por J.M Romero LLopis, serían capaces de defender obras de tal envergadura. Non decepcionaron, cunha técnica depurada debuxaron con música o momento final de Romeo, deixándonos paralizados en silencio absoluto nas nosas butacas, como se fósemos nos mesmos os que tomásemos ese veneno. A narración das paxases de "Hamlet" que fundiron na escena a voz falada da narradora  Ana Carreira coa banda, como se fose un instrumentos máis, perdéndonos nunha complexa trama, que a verdade non moitos seguimos, non vos imos enganar!!  quizáis pola complexidade e variedade de personaxes que presentaron. O broche final co noso "Quixote", coa peza para banda de Ferrer Ferran, un despliegue de virtuosismo nos ventos e gracia e imaxinación aportada pola percusión ingeniosa utilizadas que convidaba a galopar xunto ao Fidalgo e Sancho Panza. Repetiríamos?? sí!!...pero queremos máis e mellor, o próximo coa  Filarmónica por todo o alto que ben o merecemos e estamos preparados.

martes, 1 de marzo de 2016

LIGAMATS

Este vindeiro venres, 4 de marzo, os alumnas de 2º ESO, Cristina Calvo, Carla Cancelo, Uxía López, e Isabel Saavedra, participaremos na Final Galega do concurso LIGAMATS, que se celebrará en Vigo, na sede da Fundación Barrié.
A historia desta clasificación comezou a última semana de xaneiro cando se nos propuxo ao alumnado de ESO, asistir aos obradoiros IMATXINA que se realizarían, en sesión de mañá, o martes 16 de febreiro,  para 1º e 2º de ESO, e o mércores, día 17, para 3º e 4º de ESO, na sede da Fundación Barrié na Coruña e, posteriormente pola tarde participar no concurso de Ligamats.
So poderíamos participar dous equipos de catro persoas, cada un dos días, polo que o departamento de matemáticas decidiu que participarían aqueles e aquelas de nos que máis entrenaramos ata o día do concurso.
Pola mañá foron os obradoiros, atendidas por monitores,  había mesas, cada una con diferentes propostas: a mesa das calculadoras, a dos tangrams chineses, outra con espellos,… así ata oito. Xogábamos en cada una delas durante 15 minutos e despois tiñamos que cambiar para ir a xogar a outra.

Na pizzería onde xantamos coincidimos con Manuel María e Díaz Castro, como podedes ver na foto.
Pola tarde participamos 13 equipos no concurso de LIGAMATS e nós clasificámonos para a final da zona de Coruña, xunto con outros 3 equipos… e de nove quedamos clasificadas.


Por iso temos que viaxar a Vigo, para participar na final galega.
Xa vos contaremos e pasaremos fotos