PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 28 de abril de 2016

NIMBOS DE MÚSICA.


25 DE Abril superado!!

O alumnado de música de Bacharelato deixaba esta mañá gravados 6 poemas da obra poética de Díaz Castro: Cova Alumada, Vísperas, Esmeralda,Coma unha espada, e dous poemas inéditos; Noite do Mundo e Ventos Fuxidos tamén composicións de Sandra Tenreiro. Completando a sesión o alumnado de música de 4º ESO coa gravación de Remuíño de Díaz Castro, e o Canto ao idioma galego de Manuel María.
A música que encheu o salón de actos do IES Poeta Díaz Castro, conseguiu emocionar en moitos momentos a o noso grande técnico de son Goyo Velasco de Marmelada de RE, grazas a el...hoxe foi posible rematar este gran proxecto. Pagou a pena o esforzo!.
Esgotados, pero moi satisfeitos...
Seguiremos traballando porque somos os músicos do IES Poeta Díaz Castro, somos " A lus do mundo".

sábado, 16 de abril de 2016

FALAN AS ALUMNAS



O venres 1 de abril, o IES Poeta Díaz Castro estaba convidado na IV Xornada sobre  Contratos-Programa no Pazo de Congresos de Santiago para explicar as catro actuacións que levamos realizadas na modalidade de excelencia, dende o  2012 ata o 2016: as produccións de audiovisual A LUS DO MUNDO e OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS, así como os nosos  Roteiros A ALDEA DO NENO PEPE, polo Vilariño dos Vilares,  e A FÁBRICA DE POETAS, pola vila de Guitiriz.
Asistimos, como ven sendo habitual, cun grupo de alumnado que foi o encargado de explicar as nosas actuacións e as súas impresións do resultado acadado. Sempre co obxectivo de que os nosos mozos e mozas sexan os protagonistas do seu proceso de aprendizaxe.
Unha representación de 2º ESO presentaron as películas e as actividades desenvolvidas polos guías nos roteiros, en plena fase de recepción de visitas de alumnado de centros educativos e institucións como a Universidade Senior de Guitiriz ou o Mestrado de Secundaria da UDC.

Recollemos no video que acompaña a reflexión que realizan as alumnas de 2º Bacharelato Tania Forja e Cintia Iglesias da aprendizaxe adquirida con estas experiencias.

Parabéns Cintia e Tania!!! 

miércoles, 13 de abril de 2016

CONCURSO COCACOLA

         O  venres  oito de  abril celebrouse en Lugo o concurso de relato curto de Coca Cola ó que asistimos Antón López Fraga, Lois Lobeiras Martínez, Isabel Saavedra Rodríguez e eu, Uxía López García.  O concurso consiste en que os rapaces de 2º de ESO seleccionados de cada instituto teñen que escribir un relato partindo dunha frase que esta vez viña impresa nunha caixa de música que nos regalaron. Foi unha experiencia xenial porque o pasei moi ben e repetiría sen pensalo dúas veces.

Uxía López García

viernes, 8 de abril de 2016

HISTORIA DO CINE

EL CINE, EL SÉPTIMO ARTE

Junto con la arquitectura, la escultura, la pintura, la música, la danza, la poesía o la literatura, el cine es una forma de arte aunque por ahora aún no cuente con una “musa” como las demás.
Al contrario que con las demás artes, tenemos del cine una fecha concreta de inicio: fue en Francia en el año 1895 y sus creadores fueron los hermanos Lumière. Decían que el cine tenía mucho que ver con los sueños, puesto que cuando sueñas ves una película en tu cabeza. Ellos pensaron en sacar las imágenes al exterior.
Los primeros estrenos del invento  fueron en el sótano de un café francés al que acudía un público popular. La primera película “Gente saliendo de la fábrica Lumière” es muy corta, sin diálogos, en blanco y negro y con la cámara puesta en un solo lugar, sin tener una temática ni nada que ver aún con lal iteratura.  Aun así, impacta. Al principio no le veían futuro al negocio, pero acabaron por ganar 1200 francos diarios.
El primero que vio el cine como un negocio fue el mago Geroges Méliès, a quien le fascina el aparato, lo compra y se convierte en el productor, haciendo así unas 4000 obras a las que añade efectos especiales y numerosos avances como empezar a darle un género a las películas y relacionar las temáticas con la literatura  filmando diferentes tomas.
Los primeros géneros cultivados fueron por este orden: el humor, el drama y el terror.
Los contactos y primeras relaciones literarias consistieron en expresar cómo piensan los personajes (en vez de con palabras escritas, con gestos e imágenes jugando un poco con efectos especiales, música, etc…) y con personajes que piensan hablando y sin hablar. En la actualidad, se hacen también representaciones cinematográficas de obras literarias.
La conferenciante, Ana Roces, se expresaba claramente y me gustó que se relacionara con el público para hacerlo más ameno e interesante. Aprendí muchos datos nuevos y me llamaron la atención las primera películas ya que me parecieron muy diferentes a las actuales.

Alba Morado Miragaya,  4º ESO A

lunes, 4 de abril de 2016

ROTEIRO FABRICA DE POETAS

Por fin comezamos a ver os froitos de tanto traballo. Dende a biblioteca queremos felicitar ao alumnado que participa, con ganas  e ilusión no roteiro “Fábrica de Poetas”. Polo que poidemos ver nas primeiras visitas todo o esforzo pagou a pena, os resultados son estupendos. Vale que o digamos nos, que a fin de contas algo implicados no asunto podemos estar,   pero tamén así o cren os pequenos que nos visitaron o pasado día 30. Esta é a opinión do alumnado de quinto e sexto de primaria do CEIP San Xoán de Becerreá expresada de forma visual nesta DIANA DE VALORACIÓN  


Se queredes ver máis fotos e opinións da súa visita consultade o seu blog (pincha aquí)