CONCURSO COCACOLA

         O  venres  oito de  abril celebrouse en Lugo o concurso de relato curto de Coca Cola ó que asistimos Antón López Fraga, Lois Lobeiras Martínez, Isabel Saavedra Rodríguez e eu, Uxía López García.  O concurso consiste en que os rapaces de 2º de ESO seleccionados de cada instituto teñen que escribir un relato partindo dunha frase que esta vez viña impresa nunha caixa de música que nos regalaron. Foi unha experiencia xenial porque o pasei moi ben e repetiría sen pensalo dúas veces.

Uxía López García

Comentarios