Este ano celebramos as letras galegas no mercado. Si, si, no
mercado. O mércores 16, día de mercado en Guitiriz, armámonos con gaitas,
bombo, tambor, guitarras, bafles, cables, mesa de mezclas, cadeiras, unha chea
de poesía e moi pouca vergonza e nos plantamos no medio da feira. Así mentres
uns pregoaban as virtudes de polos, ovos, camisetas baratiñas etc. nos
regalamos poesía e música. Poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María,
Marica Campo, Álvaro Cunqueiro e Xosé María Diaz Castro. Un grupo formado por alumnas de 3º de ESO
(Voces:Yaiza, Tamara.Violín: Sandra) e acompañdas nas guitarras por alumnos de
4º de P.D.C dirixidos pola profesora Sanda Tenreiro interpretaron “Chove en
Santiago” un poema en galego de Garcia Lorca (non traducido, escrito por el en
galego) con música de Alberto Gambino e Penélope un poema de Xosé María Diaz
Castro con música de Sandra Tenreiro. Por suposto non faltou o son da gaita cun
estupendo cuarteto formado por alumnos de 1º de ESO. O sonido do vídeo non é
moi bo, pero vale de mostra do que fixemos.
Comentarios
Publicar un comentario