CLUB DE LECTURA
TÍTULO: Historia de una maestra AUTORA: Josefina Aldecoa Historia de una maestra é unha obra que rinde homenaxe á labor de todos os mestres que participaron con ilusión e dedicación na reforma educativa que se intentou levar a cabo durante a II República. A protagonista, Gabriela, é unha mestra recén graduada chea de ideais e proxectos que ve na súa profesión a marabillosa posibilidade de non só ensinar novos coñecementos, senón de educar persoas capaces de pensar e decidir por si mesmas e facer progresar a futura España. Durante toda a obra os lectores somos partícipes da encomiable labor que levaron a cabo os mestres da República, que intentaron facer da liberdade e da igualdade dous principios fundamentais na educación. A coeducación, a educación laica ou o acceso á cultura para todos eran algúns dos principios nos que se baseaba o proxecto que querían levar a cabo a protagonista e varios dos personaxes cos que se cruza ao longo da obra, cada un representante dun estrato...