Peche dos Clubs de Lectura

... ata o vindeiro curso.

Fomos adiando a xuntanza por exames (😱) e saídas (😃) pero ao final cadramos a primeiros de xuño para falar do que cadaquén leu pola súa conta este trimestre, do que imos facer / ler no verán... e para poñer en común Be Water, que aínda estaba agardando no caixón a súa oportunidade...

Isto @s máis nov@s, porque o alumnado da sección de poesía na súa maioría xa andaba noutra lea: preparar as ABAU. Antes de marcharen, fixemos unha última actividade moi creativa!

Maio 2021, creación colectiva inspirada nos tres primeiros versos dun poema de Tigres coma cabalos

Que? Gustouvos? Pois xa sabedes... vémonos á volta das vacacións, na biblio, coma sempre.

Comentarios