Tenda ODS. Preparando a exposición final na biblioteca.

 
Tenda ODS, a biblioteca muda.
Nestes últimos días de curso, como cada ano a biblioteca axuda na planificación da exposición dos proxectos levados a cabo. Este ano será a" Exposición ODS" Reduce, recicla e reutiliza. Case podemos dicir que isto vaise converter nunha tenda para tomar consciencia da importancia de facer deixar ir aquilo que non usas e darlle unha segunda vida, na historia doutras persoas que si as necesiten. 



Os equipos implicados xa traballan na elaboración dunhas Etiquetas sostibles, etiquetas poéticas, que nos animan a pensar nun mundo non consumista e solidario.
TODOS UNHA PRENDA: Mercado de roupa de segunda man.

Lema: Todos unha prenda antes do día .
As prendas entregadas terán unha triple canle de utilización:
- o troco (unha prenda por outra, mediante o uso de vales),
- a reutilización solidaria (envío a Servizos Sociais do Concello) ou a
- reciclaxe (se non pode ir por unha das vías anteriores)
Os departamentos comprometidos cunha tarefa didáctica ligada a esta iniciativa, continuarán co seu desenvolvemento, como mínimo, coas prendas que, neste momento hai (enquisa, frase emocional para etiqueta, etiquetas coa trazabilidade da prenda...)
Cremos que a visibilización da nosa postura respecto da sostibilidade pode ter un efecto beneficioso

Ademais a cartelería cos Obxectivos de desenvolvemento sostible e a exposición das últimas novidades en libro informativo, crean os escaparate perfeto para esta ocasión.


Non podemos decir mais. Esta exposición final do proxecto na biblioteca, promete.

Vémonos o 17 de xuño! na tenda ODS. Moito por compartir!






Comentarios