Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

Ilústrame! ,álbum.

Imagen
ILÚSTRAME!, álbum. Un álbum ilustrado desde o descoñecemento pode parecer algo sinxelo de crear, mais a máxia que garda mesturando unha boa imaxe ou debuxo coa literatura, isto é de nivel creativo superior. O biblio equipo KPACES , propúxose crear un álbum contando a súa experiencia no que levamos de curso a  partir dun punto; o punto da nosa cámara estenopeica, o punto no enfoque das fotos de Ruth Matilda Anderson, o punto do crochet, o punto e as liñas de Castelao e as puntadas do deseño nos traxes de Laura Villar.  Aqui conta o traballo en equipo, coñecer os elementos de cómic e os procesos de edición, unhas tarefas complexas que nos levan a respectar aínda mais as ilustradoras e deseñadoras de álbum, a xente creativa e a importancia das bibliotecas na difusión destes recursos. Xa vos contaremos si damos rematado este proxecto.