Entradas

Ondas cheas de ciencia na Radio Fábrica de Poetas.

Imagen
  OLFACTO CIENTÍFICO  Na Radio Fábrica de Poetas tivemos un novembro de lecturas científicas. Coñecemos a Eunice Newton; feminista que investigou sobre o efecto invernadoiro. Mergullámonos tamén neste mes de novembro na Foxa das Marianas, entrevistamos ao cerebro e estivemos a piques de quedar atrapadas nun burato negro. Alumnado de 1º ESO . Materia Proxecto Competencial. Programa Mes da Ciencia en Galego. Un programa emocionante que serviunos para dinamizar recursos e achegar a ciencia en galego á veciñanza e compañeiras. Somos o alumnado de 1º ESO  da materia de Proxecto Competencial, non deixedes de seguir os programas da nosa RADIO FÁBRICA DE POETAS, na canle de YouTube. Programa de Novembro. Mes da Ciencia en Galego Biblio Poeta Díaz Castro.

Avisos 1 e 2: lectores/as e recitadores/as

Imagen
A primeira xuntanza da rapazada, o mércores pasado, deu tempo para pouco. Hoxe comezamos a concretar as ideas que parecían saír voando naquel encontro.  13 avisos e Nunca mascotas van dar moito de si, xa vos iremos contando. Pero algún alumno devoto de Paco Roca atopou nos estantes O inferno do debuxante , de Kiko da Silva, e deunos para falar dos dous autores e dos seus proxectos. Tamén sumamos dúas lecturas (case tres) para este outono que semella vir ilustrado e de medo...  Iniciáronse as convocatorias específicas, neste caso o CL de poesía volve facer das súas! 

Cebolas e lealdades

Imagen
Veu o outono e a  sección de persoas   adultas reiniciou actividade. Combinamos conversa sobre A noite das cebolas , de Rosa Aneiros e Las lealtades , de Delphine de Vigan co resto de lecturas que caeron no verán nas nosas mans. Houbo devotas da francesa que xa levaron tamén As gratitudes .  A estas dúas novelas darémoslles outra volta aínda, que quedou xente sen poder achegarse botar un conto, pero xa comezamos a mover as seguintes: Ubasute , de Paula Carballeira e La paciente silenciosa , de Álex Michaelides .  Da polifacética autora de Maniños, que nos acompañará en febreiro, engadimos outras dúas pezas para ler a vontade: Nunca mascotas e 13 avisos , que estarán tamén acompañando á rapazada lectora estes meses.  E falando do alumnado... mañá vémonos na biblio para organizar a xeira de actividades deste ano, non esquezades vir para facer propostas!

A festa celta do Samaín. Artistas e creadorxs.

Imagen
O Samhain, a festa gaélica e os seus artistas O alumnado do Poeta Díaz Castro mais creativo, presentou  hoxe os seus traballos, conmemorando o Samaín. Artistas no Samaín A súa imaxinaciòn deseñando cabazas cheas de cores e formas espeluznantes e sangrantes sorprendeunos. Tamén escribiron con detalle os textos describindo o seu traballo.  Outras alumnas e alumnos cociñaron doces terroríficos e receitas que daban detalle dos escalofriantes ingredientes. Todos pasaron e se atreveron a degustalos sen moito medo, xa que tiñan moi boa ou moi mala pinta. Curtas, actividades deportivas na pista e uns castañeiros voluntariosos de 2º de Fabricación e montaxe,  prepararon tamén uns ricos cucuruchos para a rapazada. Estas foron algunhas das propostas que amenizaron este día de festa e transiciòn otoñal.

Bibliotecas e Adolescentes. Podcast

Imagen
  DÍA DAS BIBLIOTECAS  no Poeta Díaz Castro. Obradoiro Podcast " Bibliotecas e Adolescentes". Nesta última semana de outubro, o alumnado de 2º da ESO, comezou a traballar coa app Audacity na materia de música. Aproveitando os seus coñecementos e destrezas, gravaron uns podcast para a nosa biblioteca, invitando a reflexionar a importancia que estas teñen na vida dos adolescentes.  Nestes enlaces iremos colgando os seus traballos segundo os vaian editando. Investigaron cousas ben interesantes sobre a orixe, historia e importancia de este espazo de convivencia. Non deixedes de escoitar, paga a pena: 👆👆  Escoita os podcast en souncloud A lus do mundo               Podcast 2 Bibliotecas e Adolescentes

Sempre Marica

Imagen
  A  sección de persoas  adultas   tivo na súa última sesión deste curso a visita de Marica Campo, que veu acompañada da súa irmá Tareixa. A escritora, ademais de deleitarnos cunha conversa saborosa coma as cereixas que petiscamos, comentou con nós distintas obras súas, que se distribuíran para ler a vontade (ademais de ter lido xa   Memoria para Xohana , a pequena gran novela que escribiu mentres residía en Guitiriz). Confusión e morte de María Balteira , E Xoel aprendeu a voar , nós outras e distintos relatos curtos en obras colectivas deron moito que falar. Rematou léndonos varias pezas do seu Sextinario , que nos achegaron a ese formato poético tan curioso. Desta vez, mudamos de escenario, grazas a Lucía, a responsable da biblioteca do colexio de Guitiriz , que conta cun espazo específico que leva o nome da autora lucense. Na biblioteca do CEIP de Lagostelle, ao pé da estantería que leva o seu nome, este xoves 29 de maio Custou dar atopado un oco para...

Arredor da torta.

Imagen
 Arredor da torta. VIII Edición. No Poeta Díaz Castro, no tivemos dúbida á hora de participar nas actividades que se propuxeron desde a nosa biblioteca compañeira " Casa Habanera". Con cantigas e coplas varias, enchemos de ilustracións o hall de entrada do centro, ensalzando este producto gastronómico propio de Guitiriz segundo a visión dos artistas que temos no centro que participaron no concurso do deseño do cartaz para a VIII festa da torta. Xuntanza na praza para a recollida de premios. O alumnado de 3º da ESO, grabou na radio da biblio un podcast sobre a historia deste doce e moitas curiosidades que resultaron interesantes para todos. SoundCloud A torta de millo Agradecemos o impulso e bo facer de todo o profesorado,  e familias, especialmente ao Equipo de Dinamización da Lingua, que traballaron con ganas para disfrutar dunha forma mais especial do noso.