PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 26 de noviembre de 2007

Iniciamos a viaxe con Moby Dick?






Este curso propuxémonos ler todos un pouquiño máis nas aulas do noso centro. A través do programa Hora de Ler, ímoslle adicar 20 minutos ao día á lectura dos libros recollidos nas nosas bibliotecas de aula.

Iniciamos esta viaxe coa lectura conxunta, mediante a exposición que figura nas paredes do instituto, dunha obra mestra da ficción: Moby Dick de Herman Melville.

Visita de María Josefa Wonenburger





O pasado 14 de novembro tivemos a honra de recibir no noso centro a unha das científicas máis importantes da historia do noso país, a matemática María Josefa Wonenburger. Nos días previos, o alumnado do bacharelato e de cuarto da ESO prepararon a visita informándose da vida e da actividade profesional desta gran muller. Durante dúas horas disfrutamos dun agradable coloquio con María que demostrou que, ademais das súas capacidades matemáticas, ten un trato moi cercano e un gran sentido do humor.

Álbume da xornada con Josefa Wonenburger


lunes, 12 de noviembre de 2007

Parabéns Marica



A nosa mestra, compañeira e amiga Marica Campo foi nomeada o pasado sábado 10 de novembro Chairega de Honra pola Fundación Manuel María e a Asociación Xermolos. Durante toda a xornada desenvolvéronse actos de recoñecemento no noso instituto. Foi un día cheo de emotividade. Autoridades, escritores, músicos, compañeiros, familia e tod@s amig@s de Marica compartimos un día que non esqueceremos.

A honra é nosa, Marica, por estares cada día tan preto de nós.

Álbume da Mesa Redonda de recoñecemento a Marica



Entre os actos da xornada de recoñecemento a Marica Campo como Chairega de Honra, tivo lugar no salón do noso instituto unha moi emotiva mesa redonda. Velaí tedes unhas cantas fotos que tomamos. Animamos a tod@s os que tiraran fotos ese día que nolas acheguen para facermos unha álbume máis completa.