PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 31 de mayo de 2011

NORABOA ELENA

Toda a comunidade educativa do IES Poeta Díaz Castro ten que celebrar e, por suposto,  dar a noraboa a Elena Combo Vilas, alumna de 2º ESO-B,  que gañou o segundo premio da provincia de Lugo no concurso "Novos Talentos" organizado por Coca-Cola. Aquí tedes o relato premiado:


"O MISTERIOSO LADRÓN DE VILACRUCES"

Había unha vez un rapaz chamado Xoán. Era alto, un pouquiño regordecho e tiña dez anos. Tiña o pelo castaño e os ollos verdes e preciosos. Vivía nunha aldea pequecha, que estaba rodeada polo monte. Na súa aldea, que se chamaba Vilacruces, só había dez habitantes. Xoán vivía coa súa familia nunha casa antiga, non moi grande. Eran moi felices pero non se levaban ben cun veciño. Este veciño era Pepe Castro, un home moi antipático con cara de poucos amigos. Vivía só e non se levaba ben con ningún veciño.

Un día, Xoán marchou para a escola, coma todos os días. Tiña que erguerse moi cedo porque a escola estaba lonxe e tiña que ir andando. Cando chegou, inmediatamente tocou o timbre. Xoán tiña Coñecemento do Medio a primeira hora. A mestra nesa clase, faloulle dunha lenda sobre a aldea de Vilacruces. Esta lenda dicía que había uns anos houbera un home moi despiadado que lle roubaba á xente e lle poñía medo petando nas xanelas e abrindo as portas . Xoán non creo esa parvada e cando rematou a escola volveu para a casa. Preguntoulle ao seu pai pola lenda que lles contara a mestra e este díxolle que fora verdade. Xoán decidiu investigar e o máis sospeitoso pareceulle o seu veciño Pepe, que xa tiña unha idade avanzada. Non foi varios días á escola por estar vixiando o seu veciño pero non notou nada sospeitoso.

Tras varios días facendo de espía secreto do seu veciño, unha noite, este saíu da casa. Xoán seguiuno discretamente , pero ao final descubriuno. Pepe enfadouse moito e díxolle que el nunca fixera nada malo para que o andivera vixiando. Falaron durante un bo anaco e Xoán descubriu que non era tan mala persoa como aparentaba. Desde aquela noite, Xoán fíxose amigo do seu veciño, que lle contou varias historias sobre a lenda.

Pasaron varias semanas e Xoán xa tiña dúas conclusións: a primeira conclusión sinalaba a unha banda de delincuentes que frecuentara a vila hai varios anos. A segunda conclusión, apuntaba ao primeiro veciño da vila: Ramiro Casalderrei.

Días atrás, Xoán estivera indagando sobre a vida de Ramiro no pasado e seu avó contoulle que fora un pícaro que lle gustaba amedrentar á xente.

Xoán realizou a mesma operación que fixera con Pepe. Seguíao a todas partes sen que el o vise. Unha semana despois, ramiro foi á Igrexa da vila para confesarse. Xoán seguiuno disimuladamente e escoitou a súa confesión co sacerdote. Polo que puido oír, Ramiro dicía:

-Padre, queríalle confesar que a lenda que contan é verdade. Houbo un home que lle roubaba e amedrentaba á xente de Vilacruces e despois escondíase no monte. Eu sei quen era ese home. Ese home era eu, padre. Arrepíntome moito e espero que non sexa tarde para pedir perdón.

Xoán volveu correndo á casa e cando chegou dixo:

-Xa teño a solución ao misterio.

-Fala fillo. A que misterio te refires? Ao da lenda?-preguntou o pai.

Entón Xoán contestou:

-Si, papá. Ramiro foi o ladrón e o home que amedrentou á xente.

-Que dis fillo! Ramiro non creo fose capaz diso- dixo o pai.

-Se queres cando volva da igrexa, pregúntalle ti mesmo. Obrígao a que che diga a verdade.

Cando chegou Ramiro, o pai de Xoán parouno no camiño e preguntoulle se fora certo que el era o que roubaba e amedrentaba á xente. Ramiro díxolle a verdade con moita vergoña. Pediulles desculpas aos seus veciños e decidiu marchar da aldea. Todos os veciños de Vilacruces lle perdoaron e non o deixaron marchar. Alí estaba todo o que el tiña e a xente á que quería. Ramiro quedou na aldea e penso que aínda segue hoxe nela.




































No hay comentarios:

Publicar un comentario