PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

viernes, 28 de octubre de 2011

As pelis de Biblio

Stone

Thriller protagonizado por Robert de Niro, Edward Norton y Mila Jovovich

 A poucos días de xubilarse do seu posto de oficial de liberdade condicional, Jack Mabry recibe o encargo de revisar o caso de Gerald "StoneCreeson, encarcerado por encubrir o asasinato dos seus avós cun incendio. Agora que cabe a posibilidade de recibir un indulto anticipado, Stone necesita convencer Jack de que está rehabilitado. Non obstante, os seus intentos de influír na decisión final do veterano axente provocan uns efectos intensos e inesperados para ambos os dous.. (A BUTACA)



miércoles, 26 de octubre de 2011

Libros e máis...

Nas bibliotecas algo máis que libros, so non o cres pincha aquí

lunes, 24 de octubre de 2011

Dia bibliotecas escolares

O 4° luns de outubro celébrase dende 1999 o Día Internacional da Biblioteca Escolar. Foi establecido pola IASL (International Association of School Librarianship / Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares con sede en USA: www.iasl-slo.org). Dende 1997 estableceuse o 24 de outubro como o Día da Biblioteca. Este ano coinciden. Para nos non hai mellor forma de celebralo que lendo e recomendando libros. Nesta ocasión libros que son protagonistas de libros, que falan de libros ….



viernes, 21 de octubre de 2011

As pelis de Biblio



El retrato de Dorian Gray
Película baseada na obra homónima de Oscar Wilde, tamén a túa disposición na biblioteca. 

Dorian Gray (Ben Barnes) é un novo aristócrata moi atractivo que, despois de pasar unha solitaria adolescencia no campo, regresa a Londres, onde herdou unha mansión. Atraído pola vida nocturna, somérxese nela da man de Lord Henry Wottom (Colin Firth), que o conduce aos antros máis recónditos e sórdidos da cidade. Ao mozo fascínalle o estilo de vida decadente e amoral de Wotton. Por outra parte, a súa obsesión por alcanzar a eterna xuventude impúlsao a facer un pacto diabólico: el manterase sempre novo, pero as pegadas do paso do tempo e dos seus terribles delitos, é dicir, a súa degradación física e moral reflectiranse nun retrato que lle fixo o seu amigo o pintor Basil Hallward (Ben Chaplin). (FILMAFFINITY)





Xa fora levada ó cine no ano 1945 por Albert Lewin.





lunes, 17 de octubre de 2011

Seguriño na rede


Andas pola pola  rede?  seguro?
Neste enlace tes uns bos consellos para manexarte na rede con seguridade. Fai clic no enlace







viernes, 14 de octubre de 2011

As pelis de Biblio


Jenny, unha atractiva e brillante estudante de 16 anos (CareyMulligan) que vive nun tranquilo barrio londiniense, só pensa en estudar para poder ir a Oxford. Pero un día coñece a Brit (Peter Sarsgaard), un tipo sedutor de 35 anos, que a cortexa con ceas elegantes, clubs e viaxes cos seus divertidos amigos Danny (Dominic Cooper) e Helen (Rosamund Pike). Así as cousas, as conviccións deJenny cambaléanse e verase obrigada a elixir entre seguir con Brit e a súa atafegada vida ou ben ir á Universidade. (FILMAFFINITY)




lunes, 10 de octubre de 2011

NOBEL LITERARURA 2011


O poeta sueco Tomas Tranströmer, premio Nobel deLiteratura 2011
Nacido en Estocolmo en 1931, é tamén coñecido polo seu labor como tradutor.  A Academia sueca prémiao polas súas "imaxes condensadas e translúcidas", que dan "acceso fresco á realidade" (El País.com)


As pelis de Biblio


Julie and Julia


Baseada en feitos reais. Julie Powell (Amy Adams) é unha moza que, convencida de que está a desperdiciar a súa vida, decide dedicar un ano a preparar todas as receitas de "Dominando a Arte da Cociña Francesa" (Mastering the art of french cooking), clásico libro de cociña da célebre cociñeira Julia Child (Meryl Streep). Durante ese ano, como alumna de Child, escribe cada día as súas experiencias nun blog que terá múltiples adeptos. (FILMAFFINITY)





miércoles, 5 de octubre de 2011

Novidades outubro

Ampliamos a nosa colección de biografías
Mil e unha vidas coas que aprender e disfrutar: exploradores, científicas, escritores, sufraxistas, aventureiros… ven a biblioteca e descúbreos!!
Sabelotodos

View more presentations from biblioguiti