LUCÍA CAMPOS PREMIADA NO CONCURSO DE LITERATURA UNIVERSAL

As alumnas de 1º BAC Aida Cobas, Uxía López e Isabel Saavedra crearon un xogo tomando como base grandes obras da Literatura Universal. 
Seleccionando os fragmentos das obras da Literatura Universal

O reto consistía en atopar o autor e a obra dunha serie de fragmentos literarios distribuídos por todo o centro. 
As obras seleccionadas

O seu obxectivo era dar a conocer esas obras que foron selccionadas previamente por elas e contribuír ao proxecto de centro deste curso "Desconecta".
O premio foi para Lucía Campos de 2º BAC que recolleu na Biblioteca as súas entradas de cine. 

Uxía López entrega o premio a Lucía Campos.

As alumnas que crearon o xogo, Aida, Uxía e Isabel coa gañadora Lucía Campos.

Comentarios