DIARIO DE ALERTA II
Seguimos pechad@s na casa, pero temos enormes fiestras ao mundo : dende a noite dos tempos, os libros; agora, tamén as tecnoloxías que nos deixan viaxar e asistir a eventos aínda estando neste retiro involuntario. E nun día coma hoxe, non podemos esquecer ese espazo máxico sobre as táboas, onde todo pode ocorrer: o escenario teatral. Por iso, dúas das nosas seguintes propostas relacionadas coa experiencia do encerro, son de teatro : máis aínda, son lecturas dalgún curso escolar no IES Poeta Díaz Castro no terceiro trimestre... si, nese que xa estamos! La Fundación , Antonio Buero Vallejo The mousetrap , Agatha Christie Ensaio sobre a cegueira , José Saramago Dos libros das imaxes ... ben, case mellor non dicir máis... indagade... pero mantede as distancias... hai contaxios moi perigosos... ...seguiremos en contacto