Xa renxen as engrenaxes lectoras!
O Club de Lectura arrinca con catro modalidades... ;-)
@s lectores/as fómonos encontrando na biblio estas semanas, para coñecérmonos e acordar a organización en cadansúa sección.
A modalidade de misterio e intriga comeza con La catedral de Cesar Mallorquí.
O Club de lectura de poesía xuntouse o pasado xoves para poñer en común propostas.
![]() |
| Aquí nos tedes, dirimindo o xeito de encher de poesía as nosas vidas... e o centro 😼 |
E outra das nosas novidades deste curso, a sección de adult@s, xa tivo unha reunión para coñecerse, poñer en común lecturas e outras experiencias. Foi o 14 de outubro, á tardiña. En decembro comentaremos Presas fáciles, de Miguelanxo Prado e algúns relatos de Instrucións para tomar café, de Manuel Núñez Singala.
Por agora, isto é todo, amig@s!



Comentarios
Publicar un comentario