26 de Maio. KPACES " O artista que levas dentro" II Parte


 


26 de Maio. Kpaces. O artista que levas dentro. II Parte


Rematamos as accións deste curso escolar do Equipo Kpaces, da biblio Poeta Díaz Castro, con moi boa nota!
Alumnado de 3 ESO Música e Proxe. Competencial
cos compañeires do Grupo de Memoria. Equipo Kpaces 2022/23.


Hoxe música, teatro e lectura co grupo de maiores kpaces, que colaboran con nós no proxecto. Con eles fixemos teatro no escenario da Biblio " Casa Habanera" . 


Logo de coñecer o álbum ilustrado " Cara o Cruz" Lou Lubie, sobre os que traballamos un guión adaptado e a música para acompañalo, falando de depresión, ou mais ben dándolle unha patada no cu, con esta creación teatral dirixida por Sandra Tenreiro, que liou este proxecto para facer biblioteca coa veciñanza. Tocaba saír a escena, xuntos, descubrindo o artista que levamos dentro e demostrando que novos e maiores en equipo traballamos moitos mellor !. Grazas aos compañeires do Grupo de Memoria, grazas tamén aos maiores do centro de día " Casa Capataz" , por deixarnos compartir experiencias e facer biblioteca xuntos!

Comentarios