27 CASAS. O biblio equipo KPACES medra.
Nesta semana asistimos desde a biblio do Poeta Díaz Castro, con moita ilusión a reencontrarnos coa
veciñanza na Casa Capataz.
Moitos xa foron compañeires de traballo noso o curso pasado,
mais tamén moitas caras novas neste primero encontro do curso.
“ Y puedes ser que estemos todavía unos dentro de otros, y
puede ser que habitemos aquella casa de la infancia donde el latido del corazón
tenía las mismas letras que la palabra hermano".
Luis Rosales.
Así abre o prólogo de 27 Casas Poemas para entrar a vivir de Raúl Vacas
e David Pintor, o poemario que levamos con nós neste encontró inicial, dedicado
as casas nas que habitamos, nas que estivemos ou estamos, das que nos gusta
falar. E que cando falamos da nosa casa, mesmo parece que recitamos. Así
conversando comezamos o encontró.
Planificamos o proxecto do final do trimestre. Imaxinade con
estas fotos de que vai!
E tamén houbo tempo para cantar a Luisa Villalta, coa música
composta da nosa profesora Sandra Tenreiro e un montón de planes que ben
seguro, que faremos o posible por levalos a cabo. Porque somos; KPACES!!
Comentarios
Publicar un comentario