Radio Fábrica de Poetas. Encontros con autoras

 

 Eva Teixeiro atrapada nas ondas da Radio Fábrica de Poetas. 


Alumnado de 1º e 3º da ESO, traballando nas Arañeiras Poéticas sobre mapa.gal



Non temos claro, si esto foi unha entrevista ou un secuestro. Na Radio Fábrica de Poetas todo pode suceder. Non podíamos perder a oportunidade de sorprender e entrevistar na nosa Biblio a Eva Teixeiro que publicou neste curso escolar mapa.gal.

Eva viuse atrapada na Arañeira Poética que estivemos diseñando co alumnado de Proxecto Competencial de 1º e 3º ESO dentro do proxecto KPACES; paliños que tecían os versos do seu poemario e que resultaron ser a trampa para atrapala no momento en que pensaba que tería clase co seu alumnado de 1º ESO.. Hoxe na radio entrevistaron a Eva dous dos seus alumnos Xavi e Alejandro. A pesar da inmediatez E improvisación para collela por sorpresa, así de interesante resultou coñecer mellor a a nosa profe de lingua. Grazas Eva, por seguir a onda da Radio Fábrica de Poetas!.





Comentarios