Reivindicar os dereitos da muller.

 O oito de marzo, estiveron a ferver na biblioteca e nas aulas, diferentes actividades. Non esquecer a loita das mulleres na historia polos seus dereitos fundamentais e a mellora maneira de seguir reivindicando, todo o que aínda queda por facer.
O alumnado colaborador da biblio do Equipo KPACES, botou carreiras entre os andeis e libros da biblioteca para atopar a esas protagonistas; mulleres que escribiron; sobre elas, sobre os seus retos, sobre as batallas ganadas, protagonistas e pioneiras en diferentes facetas. O bó disto e que é unha maneira de que poñan nas súas mans libros que doutro xeitos, secadra non verían, nin lerían.
O alumnado de 1º ESO posa coas lecturas atopadas.



En 3º da ESO, coa colaboración do profesorado de Valores Éticos e Cívicos, abriuse o debate, tras visualizar o documental "Déjala Votar" na plataforma de Rtve. O alumnado descubríu que non é so cuestión de quen fai as tarefas dentro e fóra da casa, ou quen leva ou non os pantalóns. Entenderon que é unha loita que comezou hai moitos siglos atrás e nun proceso complexo, no que se violaron dereitos fundamentas das mulleres, dereitos fundamentais de todo ser humano.
Imaxe de " Déjala votar" Documental.


Comentarios