Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

Ondas cheas de ciencia na Radio Fábrica de Poetas.

Imagen
  OLFACTO CIENTÍFICO  Na Radio Fábrica de Poetas tivemos un novembro de lecturas científicas. Coñecemos a Eunice Newton; feminista que investigou sobre o efecto invernadoiro. Mergullámonos tamén neste mes de novembro na Foxa das Marianas, entrevistamos ao cerebro e estivemos a piques de quedar atrapadas nun burato negro. Alumnado de 1º ESO . Materia Proxecto Competencial. Programa Mes da Ciencia en Galego. Un programa emocionante que serviunos para dinamizar recursos e achegar a ciencia en galego á veciñanza e compañeiras. Somos o alumnado de 1º ESO  da materia de Proxecto Competencial, non deixedes de seguir os programas da nosa RADIO FÁBRICA DE POETAS, na canle de YouTube. Programa de Novembro. Mes da Ciencia en Galego Biblio Poeta Díaz Castro.

Avisos 1 e 2: lectores/as e recitadores/as

Imagen
A primeira xuntanza da rapazada, o mércores pasado, deu tempo para pouco. Hoxe comezamos a concretar as ideas que parecían saír voando naquel encontro.  13 avisos e Nunca mascotas van dar moito de si, xa vos iremos contando. Pero algún alumno devoto de Paco Roca atopou nos estantes O inferno do debuxante , de Kiko da Silva, e deunos para falar dos dous autores e dos seus proxectos. Tamén sumamos dúas lecturas (case tres) para este outono que semella vir ilustrado e de medo...  Iniciáronse as convocatorias específicas, neste caso o CL de poesía volve facer das súas! 

Cebolas e lealdades

Imagen
Veu o outono e a  sección de persoas   adultas reiniciou actividade. Combinamos conversa sobre A noite das cebolas , de Rosa Aneiros e Las lealtades , de Delphine de Vigan co resto de lecturas que caeron no verán nas nosas mans. Houbo devotas da francesa que xa levaron tamén As gratitudes .  A estas dúas novelas darémoslles outra volta aínda, que quedou xente sen poder achegarse botar un conto, pero xa comezamos a mover as seguintes: Ubasute , de Paula Carballeira e La paciente silenciosa , de Álex Michaelides .  Da polifacética autora de Maniños, que nos acompañará en febreiro, engadimos outras dúas pezas para ler a vontade: Nunca mascotas e 13 avisos , que estarán tamén acompañando á rapazada lectora estes meses.  E falando do alumnado... mañá vémonos na biblio para organizar a xeira de actividades deste ano, non esquezades vir para facer propostas!