Cebolas e lealdades
Veu o outono e a sección de persoas adultas reiniciou actividade. Combinamos conversa sobre A noite das cebolas, de Rosa Aneiros e Las lealtades, de Delphine de Vigan co resto de lecturas que caeron no verán nas nosas mans. Houbo devotas da francesa que xa levaron tamén As gratitudes.
A estas dúas novelas darémoslles outra volta aínda, que quedou xente sen poder achegarse botar un conto, pero xa comezamos a mover as seguintes: Ubasute, de Paula Carballeira e La paciente silenciosa, de Álex Michaelides.
Da polifacética autora de Maniños, que nos acompañará en febreiro, engadimos outras dúas pezas para ler a vontade: Nunca mascotas e 13 avisos, que estarán tamén acompañando á rapazada lectora estes meses.
E falando do alumnado... mañá vémonos na biblio para organizar a xeira de actividades deste ano, non esquezades vir para facer propostas!

Comentarios
Publicar un comentario