PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 10 de marzo de 2010

Tono ten moitos motivos para ler



1.- Leo para que me vexan lendo. Leo para que me deixen ler. Leo para que me imiten

2.- Leo para que non me fagan poñe-la mesa. Téñoo comprobado. Que estou vendo a tele, mirando para a ventá, tomando o sol na terraza… Entón chámanme o grito de: ¡Ninguén vai corta-lo pan! Pero como esté cun libro, miran o que fago e marchan como entre arrepentidos da fechoría que iban cometer e satisfeitos da súa xenerosidade. Ate diría que seguen a traballar na cociña máis contentos. Non me digades que arte superior debe ser o de ler que fai que safes sen moito problema. E inda por riba, a xente se alegra. Probade. É un chollazo!

3.- Leo no meu tempo de ocio para mostrar que non é unha obriga senón un placer, unha opción para disfrutar do tempo libre. E mentras ensino esto, disfruto.

4.- Leo para dirixir ao meu fillo a unha maneira barata de pasalo bomba. Podería orientalo para que disfrute coa ala delta. Pero por un lado, ¡vaia pasta!; e por outro habería que ver quen aturaba a nai despois.

5.- Leo porque dixo o profe que os pais debiamos ler cos nosos fillos. E como eu son o profe que o dixo, non fago máis que practicar un exercicio de coherencia.

Sen embargo, sei que non estou libre de que me tiren o libro a cabeza e facer que todas as miñas lecturas e puntualizacións sobre este conto se vaian ó garete. Por eso, para empezar nesto, recomendo libros de trapo como o da foto; porque o final, como decía o meu pai, o principal, se faga o que se faga, é non mancarse.

2 comentarios:

  1. E xa vexo que o teu cativo vai tomando nota!

    ResponderEliminar
  2. Tes que me explicar mellor o de poñer a mesa, pois por máis que o intento no da resultado. Será que non escollo os libros adecuados?

    ResponderEliminar