PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 10 de mayo de 2010

PARA QUE LES?

      Pois non é sinxela porque a verdade podería escribir follas e follas con motivos que me levan a leer un libro e outro, e outro, …. Son múltiples as razóns e cada libro que leo aínda me da outra razón máis para seguir lendo, pero para ser breve e sinxela podería decir que para min a lectura é unha das formas máis entretidas para aprender, para saber, para descubrir, é decir para adquirir moitos coñecementos en calquera ámbito da vida (xa que podes ler sobre todos os temas que che interesen). Cando leo un libro, o primeiro é que estou entretida e esquezome de que pasa o tempo, tamén estou coñecendo unha historia ou unhos conceptos que na maioría dos casos descoñecía, aprendo novo vocabulario, novas formas de expresión, tamén me serve para imaxinar, moitas veces algo que nos falta a creatividade, entender determinadas cousas que suceden neste mundo tan complexo, etc….
 Todas as anteriores son razóns máis que suficientes para invitar a todo o mundo a ler.  Tería moitos libros para recomendar pero quizáis por ser un dos últimos e dos que mellores recordos teño e máis recientes diría: Los Pilares de la Tierra.  

Sandra Freire, concelleira de Guitiriz

No hay comentarios:

Publicar un comentario