PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 13 de mayo de 2010

PARA QUE LES?


Por que leo?

Son moitas as razóns para ler, pero por brevidade, sintetizareinas en dúas ambas igual de importantes:


1.- Leo por obriga, para formarme, para informarme, para enterarme do que pasa na realidade, para coñecer outros puntos de vista. Ler axuda a desarrollar unha visión máis crítica das cousas, axuda a PENSAR......
2.-Leo para disfrutar, a lectura permíteme desconectar da realidade e sumerxirme noutros mundos, coñecer e vivir outras vidas, viaxar a través do tempo, navegar o fondo do mar,...desde a comodidade do sofá. É FERMOSO LER, CADA LIBRO É UN UNIVERSO.


Un libro para ler:
¿ QUIéN SE HA LLEVADO MI QUESO? De Spencer Johnson


Trátase dun libro cortiño, que collín un día por casualidade nunha biblioteca para ver de que ía e leino alí mesmo dun tirón. Este relato, de título aparentemente infantil, fainos reflexionar sobre a necesidade de estar atento e adaptarnos os cambios na vida.
Spencer Johnson (doctor en Medicina e licenciado en Psicoloxía), a través desta preciosa fábula, pretende axudarnos na difícil arte de superar medos a tomar decisións, a resolver os nosos problemas, recoñecer os nosos fracasos e temores, a saber admitir e responder correctamente cando os nosos obxectivos non se cumpren.


Por todas esas ensinanzas tan interesantes e tan ben escritas, recoméndovos a súa lectura e espero que vos guste e podais recoméndalo de novo.


María Jesús Lourido, orientadora

No hay comentarios:

Publicar un comentario