PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 6 de mayo de 2010

PARA QUE LES?


Leo para informarme, para aprender, para entreterme. Pero da lectura que máis gozo é desa que fago sen présa, tirado á sombra dunha árbore nas calorosas tardes dos días do verán. Así, tanto me ten sentirme percorrendo 20.000 leguas dunha viaxe submarina que me mostra novas especies abisais, como meterme na complicada investigación dunha misteriosa desaparición nas terras dos faraóns, como  participar nunha incruenta batalla interestelar. Porque o que me presta é ler... para soñar!
Lectura recomendada:
O vixía no centeo, de D. J. Salinger.
É unha novela curta que hai xa ben anos que lin, da que gardo grato recordo e que recomendo aproveitando que hai pouco que me volveu á memoria, cando vin nos xornais que seu autor, un clásico da moderna literatura estadounidense, morrera de vello tras unha azarosa vida.
Quen se atreva, pode ler a versión orixinal: The Catcher in the Rye. Pero senón sempre queda a opción das traducións. Eu foi o que fixen, lin a versión na lingua propia desta terra, O vixía no centeo; aínda que tamén está dispoñible a versión en castelán, El guardián entre el centeno. En calquera caso, se ledes esta obra, desexo que tamén a vós vos guste.
Xosé Luis Cabarcos, profesor de economía

1 comentario:

  1. Saúdos a Xose, grazas por a túa recomendación, tamén saudamos aos que fan este blog tan interesante, parabéns por o voso traballo. Acabamos de enlazarvos no noso blog.

    ResponderEliminar