PARA QUE LES?

Leo para sertirme recollida nunha historia, para entenderme e entender aos que me rodean, para sentir, emocionarme, para compartir no momento, e logo cando o comento...
Segundo van cambiando as vivencias vai cambiando o tempo de lectura, o tipo de lectura e os compañeiros de lecturas. Agora leo moito libro infantil, axúdame a descubrir moito dunha literatura marabillosa e que non lera. Evidentemente o meu compañeiro de lectuta é Álvaro, o meu neno de 7 anos. Pero leo moita literatura que comparto coas amigas, disfruto moito cos libros que recrean vivencias de mulleres na Historia, Ciencia e, sobre todo Filosofía. Necesitamos ler aquilo que da sentido ao que somos, descubrirnos, sentirnos, vivirnos nunha recreación de vidas e sentimentos doutras mulleres . E, tamén comparto lecturas con moitos amigos e amigas que gozamos das viaxes, por cerca e por lonxe, dende casa ou a miles de kilómetros.


Necesito ler para aprender e vivir cos demáis.


LECTURAS RECOMENDADAS:

Herba Moura de Teresa Moure en Editorial Xerais.

Outra idea de Galicia de Miguel-Anxo Murado en Editorial Debate.

Persépolis de Marjane Satrapi en Norma editorial


Olga Aguiar, profesora de filosofía

Comentarios