PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 13 de octubre de 2010

Outro curso máis





Dende a biblioteca vos queremos invitar e animar a visitarnos. Como xa sabedes tedes á vosa disposición cantidade de aventuras, historias de medo, historias que che farán rir e tamén chorar, historias de intirga, misterios por resolver, dramas e comedias, acción...,  e case todo todo o que poidas imaxinar. Só tes que achegarte e buscalo. Libros, cómics, películas, revistas, música, etc.  E por suposto toda a información que precises para os teus traballos e estudos. Recorda que podes acceder ó noso catálogo a través deste blog para buscar o que necesitas. Se nón o atopas pregunta e se non o temos tentaremos conseguilo.  Este ano fixemos unhas pequenas reformas para facer a nosa biblioteca máis agradable e sobre todo para que poidas achegarte mellor ó que buscas. Ampliamos os postos de lectura e puxemos máis expositores para que coñezas antes as últimas novidadese sexas a primeira en disfrutar delas. Podes ver máis fotos no album. Neste mesmo blog procuraremos manterte informada das novas adquisicións e de todo o que fagamos na biblioteca.

1 comentario:

  1. Que chula quedou a biblioteca! Parabéns, Biblio! E sobretodo, darvos as grazas ao "axudantes" que estivestes facendo todo este traballo..., que xa sei que sen vos Biblio non sería capaz de deixalo todo tan ben...

    Ánimos para o novo curso e nos veremos por aí...!

    ResponderEliminar