PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 21 de diciembre de 2010

Auga e letras



Somos case nun 75% auga. A auga é fundamental para a vida e buscamos auga ou restos de auga noutros planetas para saber si hai vida máis aló da terra. Non tíñamos que ir tan lonxe. Aquí mesmo temos un montón de auga, unha inundación. E non me refiro a Galicia, onde a choiva é arte, nin a Guitiriz, famosa dende tempos inmemoriais (din que os romanos tan aficionados os baños, entre outros praceres mundanos,  xa gozaban dos beneficios das nosas augas, algún apunta a que isto foi ó motivo último da conquista destas terras, pero parece máis ben a un exceso de paixón local). Non!! Aquí mesmo, na nosa biblioteca tíñamos unha auténtica inundación de auga, de auga en forma de palabras, de poemas, de contos, de análises científicos, de cómics, etc. Auga e letras. Auga de choiva, auga de mar, brétemas, augas termais, océanos furiosos, augas subterráneas … de todo había.
Se atopades unha presencia estraña non vos asustedes, é que as augas de Guitiriz son tan boas que ata levantan ós mortos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario