PROPOSTAS DE BIBLIO




Backsad reúne os elementos clásicos do xénero negro: investigador privado solitario, inclinado á ironía, duro, aparentemente preocupado so polos seus asuntos, pero cun fondo sentido da xustiza que o acaba implicado sempre na defensa dos fracasados, dos marxinados ou dos débiles, sobre todo si teñen unhas bonitas pernas; fermosas mulleres, intelixentes, sensuais pero cargadas de problemas; personaxes corrompidos pola súa riqueza que cren que todo o poden comprar; matóns sen escrúpulos, jazz… Blacksad ten tamén un debuxo sobresaínte. As rúas, os bares, os coches, os escenarios nos que se moven os protagonistas, todo magnificamente realizado. E que protagonistas! Guarnido debuxa uns animais antropomórficos como protagonistas da historia o que permite caracterizar perfectamente a personalidade de cada un cunha acertada elección do animal que representa. Vamos, que non a podes deixar pasar.
 Pronto na tua biblioteca BLACKSAD IV


Comentarios