AS PELIS DE BIBLIO

Ágora de Alejandro Amenabar

Unha de romanos? 
Relixión e ciencia, fundamentalismo relixioso e liberdade de pensamento xa chocaban na Alexandría a finais do século IV. Hipatia, filósofa, astrónoma, atea loita por conservar o coñecemento do mundo antigo, fronte o avance do cristianismo. Amenabar fai unha defensa a liberdade de pensamento e unha dura crítica da intolerancia relixiosa nunha “de romanos”. Para algúns críticos algo fría e falta de emocións, para outros espectacular, deslumbrante. Se queres saber máis sigue o enlace. Pero o mellor é que a vexas ti. Xa a tes na biblioteca


Comentarios