PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 21 de febrero de 2011

NOVIDADES

Hixinio Puentes , A do vinte e un. Sotelo Blanco, 2010.

 Esta obra sitúanos nos primeiros anos do século XIX, cando a ambición do Gran Corso, o emperador Bonaparte, é unha ameaza para todas as nacións europeas. O protagonista, un rapaz da Costa da Morte, vai reflectindo a súa vida na aldea natal preto do cabo Vilán ata enrolarse na Armada onde participa na defensa da cidade de Ferrol, que fora atacada por unha escuadra británica. En Cádiz é testemuña do maior combate naval que viron os séculos nas augas do Estreito de Xibraltar, acontecido fronte ao cabo de Trafalgar o 21 de outubro de 1805, data que serve de título á obra, onde os británicos, que abateran unha frota combinada de navíos franceses e españois, arrebataron a hexemonía dos mares ás potencias europeas. En pouco tempo cambian as circunstancias, de xeito que os franceses mudan de aliados en inimigos e os británicos, no contrario. Os intereses da política amosan o dobre xogo dos representantes das nacións. O tema tratado por este excelente artífice da prosa realista que é Hixinio Puentes é recorrente na súa traxectoria do mar, dos navíos de liña e das fragatas.

Profundo coñecedor da sociedade da época, tanto civil como militar, o autor afonda unha vez máis, cun estilo altamente expresivo, nun anaco da nosa historia, contada paso a paso, sen reticencias, sen traxedias, pero sen caridade, exactamente tal e como a vida discorre.
[Presentación da editorial]

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada