PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

sábado, 5 de febrero de 2011

“O noso m2” ,

Os alumnos do PCPI do noso instituto están a participar na actividade “O noso m2” , dentro dun programa conxunto etwinning-A21 xunto cos centros:
CEIP VIRXE DO PORTAL de Sobrado dos Monxes, onde está a compañeira Susana Vázquez Regueiro; EBI Praia da Vitória das Illas Azores onde están as compañeiras Rosa Medeiros e Paula Matos, tamén desde Illa Terceira no EB 1,2,3/JI Francisco Ornelas da Câmara participa a compañeira Paula Sousa, no instituto Mihriban Emin Gunel IOO de Turquía colabora a compañeira Yesim DOGAN, e en  Francia desde o seu centro participa a compañeira Gimbert Clélia.
O proxecto consiste en utilizar o metro cadrado como referente do bo estado do medio ambiente no noso instituto, para conseguilo os alumnos do PCPI fixeron un estudo da superficie de uso común tanto exterior como interior. Esa superficie repartiuse entre o número total de alumnos do instituto e fixéronse parcelas de medida proporcionalmente ao número de alumnos de cada aula.
A partir do 24 de febreiro o proxecto ponse en marcha, de xeito que cada curso vixiará a súa parcela, axudando ao resto dos compañeiros a mantela limpa. O metro cadrado salirá polo instituto de forma sorpresiva e coa cámara de fotos como testigo levantará acta do bo ou mal estado da limpeza en todo o recinto escolar.
Esta actividade puntúa no concurso da aula máis coidada que se fallará a final de curso e que terá o seu premio o próximo curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario