PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 2 de noviembre de 2011

SAMAIN

Este ano tomamos precaucións. É que hai algúns que non poden deixar de ler nin despois de mortos. Por nos estupendo, que se matriculen e fagan o carnet. O problema é que nesta noite o deixan todo revolto, cheo de babas noxentas, arañas… e logo hai que limpialo. Pero este ano estábamos ben pertrechados cunha boa colección de cabazas para asustalos a eles


Pero nin con esas. Se ve que xa están moi curtidos. Mirade como quedou a biblioteca




Polo menos desta volta non fixeron moito rebumbio e incluso no deixaron unha selección das súa lecturas preferidas. Todas noxentas, “nejras”, sanguentas… xa se sabe como son.



Parece que algún deu a nota e xa vedes que estes non se andan con chiquitas Son un pouco duros, pero non lles fata razón. Mangar un libro nunha biblioteca e algo estúpido (para que o vas mangar si o podes levar prestado), pero inda por riba deixalo sin ler… iso e inadmisible. Que sirva de exemplo.

(Creo que de todos xeitos no lle importou moito, dixo que non era a primeira vez, e que  lle traia recordos o de estar pendurado dunha xoga, hai xente para todo! En fin, mirade a selección que fixeron, se cadra hai algo para vos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario