PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Cómic

O historietista español Santiago Valenzuela foi galardoado o día 8 deste mes co Premio Nacional do Cómic 2011, concedido polo Ministerio de Cultura pola súa obra "Praza Elíptica", sétimo volume da serie protagonizada, entre a fantasía e o humor, polo Capitán Torrezno. O primeiro volume da serie foi "Horizontes afastados" (2001); logo sucedéronse "Escala real" (2003), "Limbo sin fin" (2003), "Extramuros" (2004), "Capital de provincias del dolor" (2005) e "Los años oscuros" (2006). 

O Premio Nacional do Cómic está convocado polo Ministerio de Cultura para distinguir a obra de autores españois, escrita en calquera das linguas españolas e publicada no ano anterior á convocatoria do premio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario