BO NADAL, BOAS LECTURAS


Dende a Biblioteca do IES “Poeta Díaz Castro” queremos animarvos a que nos agasallos deste Nadal, lembredes a posibilidade de incluir algúns que propicien a comunicación, o pensamento crítico, a imaxinación…, ao mesmo  tempo que nos permiten disfrutar de momentos de  ocio. Se queremos que os nosos fillos lea temos que darlle valor a lectura e regalar libros é una forma de facelo.

No folleto adxunto poderedes atopar algunas ideas. Vos propoñemos libros variados, algúns deles eles cun formato que engade valor, pola coidada edición, polas ilustración ó propio texto e os fan especialmente axeitados para un agasallo. Todos eles cheos de imaxinación, poesía, drama, emoción…

Recordade que o servizo de  préstamo  non é tan so para as alumnas e alumnos, é un servizo para toda a familia dende as revistas  ata as películas pasando pola música e todos os libros. 
Pódese consultar o catálogo  neste mesmo blog
         Agradecemos suxestións sobre novas de literatura, cine,  música, ou páxinas web. É  unha colaboración que desexamos e agradecemos. Pódense dirixir o correo de Biblo: Biblioguiti@gmail.com

Os nosos mellores desexos para que o próximo ano sexa un ano cheo de bens e de lecturas, de cine de música…



Comentarios