PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 31 de mayo de 2011

NORABOA ELENA

Toda a comunidade educativa do IES Poeta Díaz Castro ten que celebrar e, por suposto,  dar a noraboa a Elena Combo Vilas, alumna de 2º ESO-B,  que gañou o segundo premio da provincia de Lugo no concurso "Novos Talentos" organizado por Coca-Cola. Aquí tedes o relato premiado:


"O MISTERIOSO LADRÓN DE VILACRUCES"

Había unha vez un rapaz chamado Xoán. Era alto, un pouquiño regordecho e tiña dez anos. Tiña o pelo castaño e os ollos verdes e preciosos. Vivía nunha aldea pequecha, que estaba rodeada polo monte. Na súa aldea, que se chamaba Vilacruces, só había dez habitantes. Xoán vivía coa súa familia nunha casa antiga, non moi grande. Eran moi felices pero non se levaban ben cun veciño. Este veciño era Pepe Castro, un home moi antipático con cara de poucos amigos. Vivía só e non se levaba ben con ningún veciño.

Un día, Xoán marchou para a escola, coma todos os días. Tiña que erguerse moi cedo porque a escola estaba lonxe e tiña que ir andando. Cando chegou, inmediatamente tocou o timbre. Xoán tiña Coñecemento do Medio a primeira hora. A mestra nesa clase, faloulle dunha lenda sobre a aldea de Vilacruces. Esta lenda dicía que había uns anos houbera un home moi despiadado que lle roubaba á xente e lle poñía medo petando nas xanelas e abrindo as portas . Xoán non creo esa parvada e cando rematou a escola volveu para a casa. Preguntoulle ao seu pai pola lenda que lles contara a mestra e este díxolle que fora verdade. Xoán decidiu investigar e o máis sospeitoso pareceulle o seu veciño Pepe, que xa tiña unha idade avanzada. Non foi varios días á escola por estar vixiando o seu veciño pero non notou nada sospeitoso.

Tras varios días facendo de espía secreto do seu veciño, unha noite, este saíu da casa. Xoán seguiuno discretamente , pero ao final descubriuno. Pepe enfadouse moito e díxolle que el nunca fixera nada malo para que o andivera vixiando. Falaron durante un bo anaco e Xoán descubriu que non era tan mala persoa como aparentaba. Desde aquela noite, Xoán fíxose amigo do seu veciño, que lle contou varias historias sobre a lenda.

Pasaron varias semanas e Xoán xa tiña dúas conclusións: a primeira conclusión sinalaba a unha banda de delincuentes que frecuentara a vila hai varios anos. A segunda conclusión, apuntaba ao primeiro veciño da vila: Ramiro Casalderrei.

Días atrás, Xoán estivera indagando sobre a vida de Ramiro no pasado e seu avó contoulle que fora un pícaro que lle gustaba amedrentar á xente.

Xoán realizou a mesma operación que fixera con Pepe. Seguíao a todas partes sen que el o vise. Unha semana despois, ramiro foi á Igrexa da vila para confesarse. Xoán seguiuno disimuladamente e escoitou a súa confesión co sacerdote. Polo que puido oír, Ramiro dicía:

-Padre, queríalle confesar que a lenda que contan é verdade. Houbo un home que lle roubaba e amedrentaba á xente de Vilacruces e despois escondíase no monte. Eu sei quen era ese home. Ese home era eu, padre. Arrepíntome moito e espero que non sexa tarde para pedir perdón.

Xoán volveu correndo á casa e cando chegou dixo:

-Xa teño a solución ao misterio.

-Fala fillo. A que misterio te refires? Ao da lenda?-preguntou o pai.

Entón Xoán contestou:

-Si, papá. Ramiro foi o ladrón e o home que amedrentou á xente.

-Que dis fillo! Ramiro non creo fose capaz diso- dixo o pai.

-Se queres cando volva da igrexa, pregúntalle ti mesmo. Obrígao a que che diga a verdade.

Cando chegou Ramiro, o pai de Xoán parouno no camiño e preguntoulle se fora certo que el era o que roubaba e amedrentaba á xente. Ramiro díxolle a verdade con moita vergoña. Pediulles desculpas aos seus veciños e decidiu marchar da aldea. Todos os veciños de Vilacruces lle perdoaron e non o deixaron marchar. Alí estaba todo o que el tiña e a xente á que quería. Ramiro quedou na aldea e penso que aínda segue hoxe nela.




































jueves, 26 de mayo de 2011

Poesía para todos

Ler poesía tamén é divertido. Polo menos non parece que estean aburridos os nosos compañeiros. Podes probar, mal non fai





lunes, 23 de mayo de 2011

Regáloche un poema

Non hai desculpa, na biblioteca puxemos a disposición do alumnado e profesorado unha chea de poesía. Houbo poesía para todos e algúns e sobre todo algunhas recibiron montóns de cartas. Que sorte!

  

viernes, 20 de mayo de 2011

ICÍAR VILLAR SÁNCHEZ de 1º ESO B   recomenda 
 El niño con el pijama de rayas, de John Boyne 
         A través de los ojos de dos niños y su inocencia, podréis averiguar el hostigamiento y exterminio final que padecieron la mayor parte de los judíos europeos a manos de la Alemania nazi.                                             
           Tú descubrirás la verdad, sin embargo, ellos no lo consiguieron.
         Dos niños, una cerca y un pijama de rayas: tres elementos con los que este libro te llevará a vivir un episodio trágico de un suceso que nunca debió ocurrir:
“ El Holocausto”.

¡LEEDLO!  OS GUSTARÁ MUCHÍSIMO!



EL PEQUEÑO VAMPIRO SE VA DE VIAJE

Autora: Angela Sommer-Bodenburg
EDITORIAL: Alfaguara

         Me gustó mucho leer este libro ya que a mí me gustan mucho los libros de pequeños vampiros que se sumergen en un mundo de aventuras y cosas imposibles de ver.

         Descubriréis más cosas si leéis este libro, pero yo no os las puedo contar porque si lo hago os destrozo la historia

                        Icíar  Villar  Sánchez

lunes, 9 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO

Este ano, o Día das Letras Galegas adícase ó escritor de Monforte Lois Pereiro.

Na páxina da AENDL (Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística)  tes unha información moi completa e organizada sobre o autor: biografía, obra, fotografías e vídeos, homenaxes, lectura dos seus poemas, comentarios a súas obras, gravacións sonoras, cancións…, e un abundante e variado material didáctico: paneis, caderniños de actividades, webquest…

Biografías

Na páxina web Praza das Letras, da Consellería de Cultura e Turismo tes unha biografía do autor e un enlace ó comentario dos “Poemas 1981/1991”

 Podes atopar outra biografía na páxina da Real Academia Galega

Obra

Na Biblioteca Virtual Galega  tes algúns dos  seus poemas:

Neste video, podes escoitar algúns dos seus poemas da man de Arturo Casas, Antón Losada, Paco Macías, Antón Patiño e Antón Lopo en cinco poemas de Lois Pereiro




Para mais información podes consultar a Web oficial de Lois Pereiro: sitio oficial sobre o poeta promovido polo seu irmán, Xosé Manuel Pereiro e xestionado por Algueirada/Blogaliza recompila toda a información sobre ó autor.

Outros documentos de interese:

No Portal Galego da Educación tes moitos mais enlaces a páxinas web sobre o autor 
Documentos para imprimir, álbum de fotos e un feixe de actividades para Infantil e Primaria, material elaborado polo Seminario Galán, do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo


martes, 3 de mayo de 2011

COMPARTINDO CONTOS (II)

Aquí tedes o conto “A que sabe a lúa” lido por Amanda, Isabel, Lidia e Lucía no Colexio de Guitiriz para ós alumnos de Infantil. Ós maiores gustounos tanto coma ós pequenos.

COMPARTINDO CONTOS (I)

A inicios de outubro con motivo da selección de candidatos para o “Ler e escoitar” sorprendeunos a cantidade de rapazas, e algún rapaz, participaron con entusiamo nas lecturas en voz alta. Nos encontros de bibliotecas escolares celebrados en outubro vimos como outros centros (I.E.S de Sansenxo e I.E.E de Porto dos Son) organizaban con alumnos de secundaria lecturas de contos para os colexios de primaria do seu contorno. A idea pareceunos moi interesante e xa que tíñamos voluntarios nos puxemos mans a obra.
         Presentáronse 34 alumnas e un alumnos. Nos puxemos en contacto cos colexios  de Guitiriz, Parga e  A Castellana que acolleron ben a iniciativa. Tivemos que formar varios grupos para cubrir os tres colexios da zona e os diferentes niveis de infantil e primaria nos que se realizarían as lecturas. Cada grupo escolleu dous ou tres contos e prepararon as lecturas. (Usando o seu tempo libre, os recreos, e tamén algunhas clases de titoría e coa inestimable axuda da nosa compañeira Mónica, profesora de Lengua e Literatura española). O dia acordado montamos no autobús e nos repartimos polos colexios, onde xa estaba todo preparado para recibirnos e nos recibiron marabillosamente.
         Cremos que o resultado da  experiencia foi moi positivo para todos. Cada grupo tivo primeiro  que organizarse, repartirse os textos, papeis, acordar momentos para ensaiar, realizar unha lectura en alto en grupo intentando transmitir a emoción ou chiste ou pena,  do conto, vencer a vergoña e se enfrontar á unha lectura cun público esixente … volver ós colexios onde estudaron a primaria e ler moitas veces diante dos seu  antigos mestres, dos seus veciños, etc. En fin quedamos bastante satisfeitos da experiencia e dispostos a repetir.

lunes, 2 de mayo de 2011

OJALÁ NO HUBIERA NÚMEROS de Esteban Serrano Marugán

Es un libro muy divertido y que demuestra la importancia de los números.
El protagonista es un niño que odia las mates y que un día, cansado de que no le salieran las cuentas, deseó que ojalá no existiesen.
Ese mensaje llegó al mundo de las mates, gobernado por Pitágoras. Este matemático dijo que habia que darle un escarmiento al niño para que se diera cuenta de la importancia de los números y de las mates. Éste, consistiría en dejar al mundo sin números a partir de esa misma noche y eso fue lo que hizo...
¿Cómo sería un mundo sin números? Léelo y verás cómo podría ser en este fascinante libro

María Pérez Ferreiro, 1º ESO B