14 DE FEBREIRO

Moito moito amor. Libros para inspirarnos, flores para agasallar, poesía a eito, corazóns cargados de palabras de amor, música, e sobre todo….

TOO MUCH LOVE!!



Música de Quique Gonzalez "Piedras y flores" de Kamikazes enamorados)


Aproveitamos o día dos namorados para facer o noso: promocionar a lectura, a poesía… As actividades non son moi orixinais, pero non deron mal resultado

1-. MELLOR CUN POEMA
O obxectivo fundamental é achegar a poesía ó alumnado, tomando como desculpa o día dos namorados
A actividade consiste en mandar poemas de amor a un compañeiro ou compañeira de clase. A semana pasada fixemos unha pequena escolma de poemas en galego, castelán, inglés e francés. Para facilitar e elección e lectura dos poemas pegáronse nun panel os textos. Diante do panel colocamos moitas copias dos poemas, sobres e un buzón.  Os participantes tiñan que escoller un poema e envialo a alguén indicando o destinatario e o curso. O día 14 na hora de ler os “carteiros do amor” repartiron os poemas.

2-. CONCURSO DE FRASES DE AMOR
Frases de amor escritas sobre un corazón de cartulina. A biblioteca facilitou corazóns a quen non tiña (na biblioteca temos corazóns de sobra). Cada corazón identificouse co número de carné da biblioteca. Os corazóns coas frases serviron para decorar a biblioteca durante esta semana

3-.  MOSTRA BIBLIOGRÁFICA
Mostra de libros de amor (máis ou menos). Tratamos de poñer libros que teñen pouca saída e achegalos ós rapaces.

5-. UN LIBRO UNHA FLOR
Durante o día dos namorados regalouse una flor por cada libro que se prestou na biblioteca


Para ver máis fotos vai o album fotográfico

Comentarios

  1. Encátame o vídeo do San Valentín!Que sorte tuben que ganei o concurso das frases nos corazóns!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario